mércores, 11 de febreiro de 2015

regras dun xogo



            REGRAS DO XOGO, CHAMADO CINQILLO:



Á forma de colocar ás cartas é a seguinte:

-Empeza o xogador que posúa o cinco de ouros e colócao.


-Despois continua o xogador da dereita e así sucesivamente.

Só pódense colocar cincos ou todas aquelas cartas que seguen en progresión ascendente ou descendente ás que hai na mesa  e sexan do mesmo pau. É dicir, se por exemplo soamente está colocado o cinco de ouros na mesa, os xogadores só poderán colocar o seis ou o catro de oros ou un cinco doutro pau.

Se un xogador non pode colocar ningunha carta pasa, e tócalle a quenda ao seguinte xogador. Nunca se pode pasar se se pode colocar algunha carta. Se un xogador pode poñer varias cartas deberá elixir a que máis lle conveña para gañar o xogo.

O primeiro xogador que consegue colocar todas as súas cartas sobre a mesa é o gañador.

Ningún comentario:

Publicar un comentario