O león (Panthera leo) é un mamífero carnívoro da familia dos félidos e unha das 5 especies do xénero Panthera. Algúns machos, excepcionalmente grandes, chegan a pesar ata 250 kg,o que os converte no segundo félido vivente máis grande despois do tigre.
A melena do león macho, única entre os félidos, é un dos trazos máis característicos da especie. O macho adulto é facilmente recoñecíbel pola súa melena (aínda que en Angola existe unha subespecie case extinta cuxos individuos carecen de melena. Namentres que son cachorros, os machos e as femias teñen a mesma aparencia, conforme van medrando os machos adquiren a melena.
Ola!
ResponderEliminarEsta parte está perfecta mais boto de menos unha descrición de voso sobre a súa aparencia. Recordade que se trataba de describilo para que nos fixésemos a idea máis fidedigna posible dos animais escollidos.